PARTIDO BENXAMÍN (2 ABRIL)

O último partido de liga benxamín supuxo outra vitoria máis para os nosos, nesta ocasión contra o Bm Xiria (9-7).
O partido comezaba moi ben para os nosos intereses, vencedo ampliamente o primeiro e o segundo cuarto do partido, pero todo isto cambiou tras o descanso. Unha serie de despistes, probablemente fruto dun exceso de confianza dos nosos xogadores, fixo que non fosen capaces de marcar un só tanto nos 8 minutos do terceiro cuarto; ademáis de encaixar 7 goles. Esta situación permitiu que o Xiria se metese no partido e xogase un gran último cuarto que rematou cun empate de 3-3.
Este partido serviu para que os nosos sexan conscientes de que todavía queda moito por aprender e adestrar e para que cambie a mentalidade coa que se afronta a final-four. Ata entón toca seguir esforzándose e poñendo ganas nos adestramentos.

#linea21 #somosl21 #novomesoiro