EQUIPO BENXAMÍN 26 MARZO

Esta fin de semana o noso equipo benxamín desprazouse a Lugo para xogar os seus partidos contra o Culleredo e contra o Lucense. Ambos finalizaron con victoria para os nosos por 12-4, cunha gran actuación de todo o equipo con moitos goles, paradas e unha defensa moi ben traballada. Con isto, os nosos continúan líderes na liga, asegurando a súa presenza no play-off que se desputará a finales de maio. A falta dunha xornada para rematar a competición debutou Mateo, a máis recente incorporación ao equipo.
Por outra banda o equipo prebenxamín xogou un partido amistoso contra o Liceo no pavillón de Novo Mesoiro.

#linea21 #somosl21 #novomesoiro