OS NOSOS BENXAMINS CAMPEONS

A fin de semana pasada o benxamín mixto do Línea 21 viaxaba a Porriño para disputar a final 4, a cal conseguiron chegar gracias o traballo que realizaron durante toda a tempada. O Línea viña de facer unha segunda volta de 10, na cal sempre foi liderando en todo momento sen deixar pé a outros equipos a poñerse por diante. Grazas a esa magnífica boa segunda volta a fase final chamaba a súa porta, viaxar a Porriño para enfrontarse a outros equipos de Galicia.


O sábado arrancaba moi emocionante, para todos os asistentes pero en especial para os protagonistas do día, estaban ansiosos e expectantes de comezar os encontros e se cabía a posibilidade, traer o trofeo de campións da Liga interrías para Mesoiro. O primeiro encontro foi contra o AD Carballal, o cal se disputou sen ningunha dificultade, o xogo dos do Línea era fluído con erros pero que eran totalmente compensados cas accións dos diferentes porteiros. Remataba o encontro con victoria para o Línea 21, podíase notar que xa estaban mais preto dese primeiro e segundo posto.

O segundo encontro tocáballes xogar contra o Lalín, nun principio víase asequible pero neste encontro o cansancio e a fatiga por mor da calor era notable nos xogadores. En todo momento o Línea foi en cabeza, polo que remataba o encontro con outra victoria deste xeito proclamandose campións de Liga.


Os do Línea 21 enormemente contentos e emocionados pasaban a recoller o seu esperado trofeo que con moito esforzo e traballo conseguiron. A partir daquí o traballo segue e cada día necesitase mellorar un pouquiño mais, dende aquí damoslle a nosa máxima enoraboa a eses campións que loitaron ata conseguir traer o trofeo para Mesoiro!