RESULTADO DA FINAL FOUR


Esta fin de semana o noso equipo sénior desprazábase a cidade de Tui para disputar a GRAN FINAL FOUR  da categoría de 2º Autonómica de Galicia. Non obstante, depois de un longo traxecto, os nosos guerreiros non poideron achegarse a final tan deseada que daba paso a clasificación directa para a categoría superior. Cómpre remarcar que xogaron coma sempre dando todo, pero uns erros de cara ao final do encontro favoreceron ao Bm Chapela que nos gañaron 26-31.

O domingo, varios siareiros atravíanse a facer casi 400 km para poder disfrutar do encontro co BM Lucus, que ao vencelos por 27-33 nos acreditaba como o equipo 3ºclasificado da Final 4 e tamen como 4º  mellor clasificado da categoria de 2º Autonómica de Galicia. Non se pudo ter a despedida deseada, pero podemos decir que houbo un ENORME traballo para chegar ata ese posto. Quedaranos para sempre nos recordos as amizades reencontradas ao longo desta/s tempadas, e solo podemos agradecer os momentos pasados con ese balón nas mans. Isto non é unha despedida, é solo un ata sempre. Forza Línea

Noraboa a todos os participantes e ao Bm Tui que tendo o aire ao seu favor reencontrarase para a siguente tempada coa categoria de 1º Autonómica.

Noraboa tamén aos xogadores nombrados como MVP’s, o veterano gardameta do BmTuí e ao noso xogador Miguel Suarez, nomeado o mellor xogador do torneo.

Aqui tedes o enlace das fotos

https://photos.app.goo.gl/3uuQgARJ5SZ6FChd9