01/05/21 Bos resultados para L21

O equipo SENIOR enfrontábase ao que vai ser o seu rival na final four. Dado que os nosos xogadores conseguiron 3º plaza na clasificatoria do grupo ouro e ser o 3º mellor equipo de Galiza desta categoria de 2º autonómica, na fecha do 22-23 de maio tocaranos enfrontar de novo ao Bm Chapela para intentar xogar as deseosas finais, que darán opcións ao posible ascenso a 1º autonómica ou a posibilidade de xogar unha promoción contra o equipo desta mesma categoría. Despois de un largo traxecto os nosos xogadores comezaban un encontro un tanto peculiar dado que, si ou si, xa estábamos clasificados, o primeiro cuarto iba moi igualado e os xogadores acomodábanse demasiado non arriscando, por mor de lesionarse e non defendendo con contundencia. Os ataques permanecían demasiado lentos e con movementos intuídos polos rivais. Non se conseguía comodamente sobrepasar a defensa 6-0 imposta polos Chapelenses con unha intensidade de categoría superior e facéndonos ver o que nos podremos encontrar de aquí para diante. Os nosos guerreiros necesitaban un xogo máis veloz, con contraataques e finalidades en extremos. Unha volta en posta necesitábamos facer para coller carácter e non dormirnos. A conclusión de un tempo morto o equipo reaccionou e fixo que a distancia no marcador collese larganza, os tiros en apoio dende os exteriores dos 9m sacaban froitos. Os nosos gardametas aportaban numerosas paradas e todo iba vento en popa para chegar ao descanso da primeira parte con un resultado ao noso favor ganando 13-17. Xa na segunda parte, o resultado de unha defensa 3-3 adaptada polos anfitrións dábanos máis opcións de gol poñéndonos incluso ata de 9 tantos por arriba. Vendo a ventaxa gañada no marcador, decidiuse dar minutos moi merecidos a varios xogadores que merecen disfrutar na pista e darlles descanso aos que teñen moita rodaxe nesta difícil e moi rara tempada «Covid». A comodidade volvía a pasarnos factura e varias perdas de balón en ataque dáballe posibilidades de ataque aos de Chapela que ao final do encontro conseguiron rebaixar a diferenza de goles, finalizando o partido con un 25-28 ao noso favor. Polo tanto, estaremos agardando as fechas da final four repoñendo as condicións físicas dos nosos xogadores lesionados e outros que por mor de traballo estiveron «ausentes» nesta recta final. Un largo traballo quere dar os seus frutos e esperemos que as tormentas non castiguen a posible colleita.

Vibrante encontro o vivido no Pabellón Municipal da Casqueira entre o SD Eume e os nosos CADETES do Línea 21. Enfrontábanse dous equipos con características e resultados moi similares polo que se plantexaba un partido moi complicado para os nosos. Como soe ser habitual nas últimas xornadas, os nosos rapaces saliron cunha intensidade superior ao rival que nos permitiu adiantarnos no marcador nos primeiros minutos, chegando a pausa de hidratación cun 7- 11 a favor. Non obstante o equipo local soubo dar a cara e ir recortando no marcador progresivamente debido as numerosas pérdidas de balón e o acerto dos seus extremos de cara a porta, chegando ao descanso cun único gol por abaixo.[2/5 20:37] Ba Lolo: A segunda parte estivo moi igualada, con moitas imprecisións nos dous equipos pero cunha alta velocidade de xogo. A falta de 15 minutos o encontro iba empatado a 19 goles, pero a motivación do noso equipo tras o tempo morto permitiunos sacar unha ventaxa de 3 goles para os últimos 10 minutos de xogo. A lesión momentánea de Diego impediulle xogar durante uns minutos, pero o noso equipo foi quen de manter a vantaxe conseguida, ainda que o Eume non afloxaba o ritmo. Afortunadamente os nosos cadetes competiron mellor nos últimos minutos, tirando do forte carácter que nos caracteriza, o que nos permitiu ganar o partido por tan so un gol realizando unha brillante última defensa.[2/5 20:37] Ba Lolo: Destacar a gran defensa realizada polo equipo, sobre todo por parte de Hugo e Cristian, que se se viu axudada por unha gran eficacia de Victor Sala baixo paus. Na faceta ofensiva Diego, Segundo e Dani Cruz foron os que máis tiraron do equipo, en gran parte axudados polos procedentos marcados por Jorge e Isaac.[2/5 20:37] Ba Lolo: Chegamos así case ao final da tempada, restando únicamente un partido para acabar a liga regular. Na última xornada enfrontámonos ao Narón, un equipo moi complicado que se encontra na parte de arriba da táboa. Non hai dúbida de que ao ser o último partido da tempada, e ademáis na casa, os nosos nenos intentarán pasalo ben e competir o mellor posible!

O Domingo as CADETES viaxaron a Santiago a disputar o último encuento fora de casa. Partido igualado no primer cuarto, pero os fallos en lanzamentos e pérdidas de balón fixeron que marcharan ao descanso 20-11. Na segunda parte o equipo rival mantuvo a distancia no marcador e ainda cas nosas xogadoras fixeron boas defensas e lanzamentos no fueron suficientes para alcanzarlas.