24/04/2021 Xornada chea de encontros

A fin de semana para o Línea 21 arranca cunha victoria por parte do alevin mixto, que hoxe venres disputaba unha xornada de liga contra o Culleredo mixto feminino. O encontro foi de menos a mais para os do Línea, intentando acomodarse dentro do seu xogo habitual. Comezaron o seu xogo algo distraidxs, aínda que pouco a pouco foron entrando no partido sempre sen descoidar o marcador. Na defensa, cabe destacar algún erro dos cales foron decisivos para as locais que atoparon clara ocasión de gol. Eses erros defensivos así como de ataque non foron problema para que os do Línea levaran a voz cantante durante todo o encontro, con pequenas variacións no encontro pero sempre marcando os ritmos.No ataque, a facilidade de roubos e subidas os contraataques como, o xogo rápido e fácil na busca de espazos libres foron as decisión clave para sentenciar o final, onde o Línea 21 gaña cun marcador de 4-12. 
Para a fin de semana que ven o Línea 21 centrase en recibir na casa o Lucense, será un partido reñido e xusto polo que os locais deberán de sacar o seu lado mais competitivo.