Mercores 13 as 18:30 videoconferencia con….

Thiago Jordan Xogador da seleción Brasileira de balonman playa, 5 veces campeón do mundo, mellor defensor do mundo en 2018, mellor defensor de Europa no 2019.

Rubén Río Campeón Europeo e Mundial coa selección xuvenil, agora xogador de Asobal e próximo gran fichaxe do clube francés US Ivry Sur Seine que milita na máxima categoría do Balonman francés.

Juan Carlos 25 anos de experiencia no balonmán, gañador dun titulo en Francia como xogador en categorías inferiores, campeón de liga e copa no BM Xallas en categoría infantil feminino, actualmente entrenador do equipo senior no BM Línea21.

Nesta videoconferencia o clube tivo a oportunidade de conversar con 3 xeracións distintas e con diferentes experiencias no deporte do Balonmán.
Voltaba con nós Rubén Río, Campeón Mundial e Europeo en categorías xuvenil coa selección Española, que nos falou da súa fichaxe co clube parisino do Ivry sur Seine e que comenta que terá seguramente que esforzarse no aspecto físico para poder competir nunha das mellores ligas do mundo.
Tamén nos comentou como foi o seu paso de ser xogador amateur a ser chamado coa selección española e a seguir ser profesional.
Thiago Jordano, compañeiro do noso adestrador Wallace, experimentado Campeón Mundial con Brasil en balonmán praia e nombrado en varias ocasións mellor defensor do Mundo e de Europa, conversou sobre súa saída do mundo das coñecidas fabelas para poder chegar a ser o que foi neste deporte e máis na vida mesma. Agora segue xogando no Carnés do Ribeiro a este deporte, pero en pista, onde di que ás oportunidades de adestrar casi a diario en instalacións deportivas lle fan desfrutar a cada momento. Comenta que o balonmán pista e moito máis exixente físicamente e considera que sen traballo e sacrificio non poidera chegar ata a profesionalidade.
Juan Carlos Lois, que ten moita experiencia como xogador e adestrador, con varios títulos autonómicos como adestrador en categorías bases femeninas e outros títulos internacionales como xogador e adestrador, falou da súa experiencia en varios países e comentou que ás oportunidades de poder coñecer este deporte, coma outros, dende o punto de vista de varias culturas faille opinar que aínda que sexa un deporte coas mesmas regras para todos os que o practican, non sempre se traballa do mesmo xeito aínda que a meta sexa igual.
Tamen aproveitou para falar do seu paso polo RC Strasbourg de Handball que tuvo que abandonar nos mellores «auges» por vir coidar (xunto coa súa nai é irmán) a seus abós e comentou a súa experiencia con este clube donde estaba con uns compañeiros de reputación mundial coma Marc Wiltberger que a seguir foi campeón co coñecido equipo dos «Barjots» de Jakson Richarson e con Constantini a cabeza, que conseguirían conquistar podiums olímpicos, mundiales e Europeos.
Charla moi productiva a pesares de ter poucos/as seguidores/as.
O clube plantease de avisar a máis clubes e equipos para que poidan desfrutar dun momento cos futuros invitados.
Aupa Linea21, sempre Ríoliños