Partidos 19 de Diciembre

Fin de Semana repleto de encontros.
Comenzaban as xuvenís femenino BM Línea21 Sta Comba, co Carballal que xoga demasiado agresivo dende o  punto de vista balonmanistico que nós entendemos.
As nosas loitadoras non eran capaces de sobrepasar a defensa rival e sufría demasiado ao momento de finalizar.
Eso proporcionolles as do Carballal numerosas recuperacións que acababan en contras.
O ritmo defensivo ten que mellorarse par estar ao nivel das outras rivais moi experimentadas nesta categoría pero estou seguro que isto aportará alegrías de cara a segunda volta da competición.

Os senior, BM Línea21 Arcoponte, enfrontábanse ao BM Redondela no seu feudo a un ritmo moi intenso. Durante varios momentos do encontro estivemos por debaixo no marcador pero a forza e a voluntade fixo que poidemos remontar ata 5 goles e así poidemos dedicar a vitoria ao noso lesionado Eloi e ao noso compañeiro Zas que esperemos estén recuperados par voltar a darnos guerra.
A unión fai a forza e canto máis complicado nos veamos mais nos temos que agarrar aos pasamanos.
Aupa Ríoliños 

O Domingo as xuvenís femenino ían ata a Guarda para medirse a un Atl. Guardés que non deixaba respirar durante os primeiros minutos. A nosas xogadoras non son de baixar os brazos e sempre intentan mellorar cousa que se produciu despois de unhas explicacións do seu adestrador.
Defensa mixta a varias xogadoras rivais nos fixeron acortar as diferencias no marcador pero a victoria quedou claramente en terras guardesas.
Despois deste encontro aproveitouse a víaxe para ir ver as famosas luces de nadal de vigo e a sus noria xigante.
As nosas rioliñas poideron desfrutar dun momento de divertimento subindo a noria.
Grazas Linea21 por darnos tantas oportunidades de  xogar neste clube e con este deporte, e tamén por poder visitar sitios de reputacións. Esperemos non desfraudarvos e esperemos poder dedicarvos algunha victoria nesta tempada.
Aupaaaaaaaaa Lineeeaaaaaaa21

Vamossss Linea21 que non todos os días se cumpren anos