Partidos 02 de Marzo

A xornada comenzaba en Carballo donde os nosos Prebenxamins xogaron dous partidos, un contra o BM Xiria eo outro contra o BM Cullerdero

Xa en Mesoiro os nosos infantís empezaban unha nova fase xogando contra o Ribadosar, un equipo repleto de xogadores de moita envergadura.  Varias baixas no noso equipo facían que o marcador  quedase, ao final do partido, cun contundente resultado para os santiagueses, de 15-41.
Esperemos que este partido faga retomar conciencia ao noso equipo.
Cura de humildade para o Linea 21 que non se vai rendir para estar nos dous primeiros postos da clasificación.

Sen tempo para descansar os nosos Alevins enfrentaronse nun encontro trepidante ao BM Xallas

Os senior viaxaban a Ribadavia con moitos ausentes.
A preparación do partido daba que desconfiar, visto que se chegou ao pavillón a falta de 15 minutos antes do comenzo do encontro.
O marcador estaba a 7- 1 para os do BM Ribeiro que, coa axuda do seu porteiro, facía que os nosos xogadores non desen entrado nunha boa dinámica de xogo. 
Despois de varios minutos cambiamos de defensa, e houbo un momento que sabía a  remontada, pero varios tiros fallados proporcionaban ao equipo rival ocasións de contraataques que remataban en gol. 
A distancia de goles quedou no marcador ata ao final, acabando o partido cun 26-20 para os da casa. 
As ambicións de quedar enriba na clasicación quedan cada vez máis mermadas, pero é que cunha plantilla moi xusta, en varias ocasións, en partidos fóra da casa fan que a cadea lle falten mallas e, por consecuencia, rompa.
Ánimo de todos modos.
Forza Línea 21 !!!