Partidos 23 de Febrero

O BM Ferrolterra visitaba Mesoiro para xogar contra o BM Línea21, que por fin puido dedicarlle unha victoria aos seus siareiros e ao seu xogador Angel, operado dunha lesión gravisima no cóbado dende o partido de Carballal.
Estamos “codo con codo” con él para a súa recuperación!!
O noso equipo, na primeira metade, entraba nun ritmo de xogo moi igual aos nosos rivais, que nalgún momento do encontro, parecía que se desplazaban a Coruña para conquistar os 2 puntos que tiñamos en xogo.
17-16 no marcador no minuto 30, expulsión ao noso gardameta con tarxeta vermella, e un 7 metros para os ferroláns, facían que no descanso o vestiarios soaran a desconsolación e a preocupación.
As baixas dos nosos dous gardametas e a sanción ao noso porteiro casual facía que tiveramos que retomar conciencia.
Porén, a voluntariedade de dous xogadores nosos surxiu para poder seguir enfrentándonos aos de Ferrol.
Na segunda parte todos seguiron a misma liña e ritmo de xogo para facerse coa victoria. Os posibles cambios en todos os postos facían que os xogadores entraran a cada momento moito máis frescos, e conseguiran goles en varios ataques por mediación de pases a pivote, e circulacións amplas ata extremos, que desta vez, souberon mellorar a súa  porcentaxe de acertos de cara a gol. 
Os visitantes recibiron varias sancións disciplinarias que fixo que nalgún momento se encontraron a 4 na pista de xogo, e os nosos xogadores non perdoaban nos contraataques nin nas recuperación de balóns en defensa.
Un rival que tuvo unha boa actuación pero que a falta de adestramento lles pasa factura, como a moitos equipos deste grupo. 
O deporte é saúde!!!
O balonmán é un deporte que esixe moito, pero un deporte de deuses.
Final do encontro: 37-25 para os anfitrións, que volven  saborear a victoria despois de subir o «síndrome Lucus».
Noraboa Señores e Forza Linea 21