Luns 18 as 18:30 videoconferencia con….

Nesta ocasión o clube púidose deleitar cos relatos de tres xogadores con pasados balonmanísticos e persoais fortemente ligados entre sí, ó ter sido xogadores do mesmo equipo, pero con actualidades distintas.Presentábase por primeira vez para algúns integrantes do noso clube Cristian Remeseiro, xogador do clube de División de Prata SD Teucro, o cal fíxonos coñecedores da súa traxectoria como xogador, comezando nas categorías inferiores do Oviedo e continuando no Clube Balonmán Ártabro tras o seu desprazamento a Galicia antes de acadar un posto titular no seu equipo actual. Cristian contounos cómo era a situación de vivir fóra do seu fogar e de xogar nun equipo de tanto nivel xunto a Jacobo Río e alentaba ós pequenos do noso clube a antepoñer os estudos a calqueira outra cousa.Seguíalle na reunión Jacobo Río, que comezou a súa carreira balonmanística no Club Balonmán Oleiros, seguindo no Clube Balonmán Ártabro, onde compartiu camiseta cos outros dous integrantes da conversa, para terminar facéndose un oco no SD Teucro xunto a Cristian Remeseiro. Jacobo compartiu as palabras de Cristian, facendo fincapé na novedade que supoñía o ser un xogador profesional frente ós seus humildes comezos como xogador do Ártabro. Tamén dixo que a rutura do Ártabro casi o fai abandoar a súa carreira balonmanística, pero como despois de darse conta da súa pasión polo balonmán o fixo incorporárse ás filas do BM Línea 21 durante un ano antes de continuar xogando no seu equipo actual.Como terceiro integrante desta reunión presentábase Eloi Caamaño, coñecido entre todos os integrantes deste clube por ser xogador do equipo Senior e por competir codo a codo xunta Cristian e Jacobo no Clube Balonmán Ártabro. Eloi puido contar cómo a disolución do seu equipo, o comezo dous seus estudos universitarios e o seu vínculo ca música fixeron que casi deixara o balonmán, pero tras ver a oportunidade de axudar ó noso clube e de darse conta do seu amor polo balonmán decidiu seguir xogando.

A reunión concluíu cun sorteo de roupa que levou a cabo Cristian Remeseiro, no que cada asistente da reunión puido levarse unha prenda do xogador do SD Teucro.

Mercores 13 as 18:30 videoconferencia con….

Thiago Jordan Xogador da seleción Brasileira de balonman playa, 5 veces campeón do mundo, mellor defensor do mundo en 2018, mellor defensor de Europa no 2019.

Rubén Río Campeón Europeo e Mundial coa selección xuvenil, agora xogador de Asobal e próximo gran fichaxe do clube francés US Ivry Sur Seine que milita na máxima categoría do Balonman francés.

Juan Carlos 25 anos de experiencia no balonmán, gañador dun titulo en Francia como xogador en categorías inferiores, campeón de liga e copa no BM Xallas en categoría infantil feminino, actualmente entrenador do equipo senior no BM Línea21.

Nesta videoconferencia o clube tivo a oportunidade de conversar con 3 xeracións distintas e con diferentes experiencias no deporte do Balonmán.
Voltaba con nós Rubén Río, Campeón Mundial e Europeo en categorías xuvenil coa selección Española, que nos falou da súa fichaxe co clube parisino do Ivry sur Seine e que comenta que terá seguramente que esforzarse no aspecto físico para poder competir nunha das mellores ligas do mundo.
Tamén nos comentou como foi o seu paso de ser xogador amateur a ser chamado coa selección española e a seguir ser profesional.
Thiago Jordano, compañeiro do noso adestrador Wallace, experimentado Campeón Mundial con Brasil en balonmán praia e nombrado en varias ocasións mellor defensor do Mundo e de Europa, conversou sobre súa saída do mundo das coñecidas fabelas para poder chegar a ser o que foi neste deporte e máis na vida mesma. Agora segue xogando no Carnés do Ribeiro a este deporte, pero en pista, onde di que ás oportunidades de adestrar casi a diario en instalacións deportivas lle fan desfrutar a cada momento. Comenta que o balonmán pista e moito máis exixente físicamente e considera que sen traballo e sacrificio non poidera chegar ata a profesionalidade.
Juan Carlos Lois, que ten moita experiencia como xogador e adestrador, con varios títulos autonómicos como adestrador en categorías bases femeninas e outros títulos internacionales como xogador e adestrador, falou da súa experiencia en varios países e comentou que ás oportunidades de poder coñecer este deporte, coma outros, dende o punto de vista de varias culturas faille opinar que aínda que sexa un deporte coas mesmas regras para todos os que o practican, non sempre se traballa do mesmo xeito aínda que a meta sexa igual.
Tamen aproveitou para falar do seu paso polo RC Strasbourg de Handball que tuvo que abandonar nos mellores «auges» por vir coidar (xunto coa súa nai é irmán) a seus abós e comentou a súa experiencia con este clube donde estaba con uns compañeiros de reputación mundial coma Marc Wiltberger que a seguir foi campeón co coñecido equipo dos «Barjots» de Jakson Richarson e con Constantini a cabeza, que conseguirían conquistar podiums olímpicos, mundiales e Europeos.
Charla moi productiva a pesares de ter poucos/as seguidores/as.
O clube plantease de avisar a máis clubes e equipos para que poidan desfrutar dun momento cos futuros invitados.
Aupa Linea21, sempre Ríoliños

O Martes 05 de Abril as 19:00 Videochamada con . . .

O Bm Línea21 tivo unha emotiva entrevista por videochamada con Rubén, Mina, e Toño os tres xogaron e creceron como deportistas no Pabillón de Novo Mesoiro.

Rubén Río campeón europeo e mundial coa selección xuvenil, agora xogador de Asobal e próximo gran fichaxe do clube francés US Ivry Sur Seine que milita na máxima categoría do Balonman francés.

Mina entrenadora das cadetes e dos infantís de este clube, xogadora do Bm Xiria de Carballo.

Toño foi xogador do Teucro en Asobal, Bm Porriño, como tamen entrenador do Bm Línea21 en varias categorías.

Os tres poideron falarnos das súas experiencias acatadas neste deporte e os asistentes quedaron moi contentos das respostas obtidas. En todo momento se motivaron os participantes a facer preguntas e a todos eles se lle fixo corta a hora e cuarto da entrevista. Rubén Río aproveitou para sortear unha camiseta dedicada do seu xa antiguo clube de Valladolid. Non se descartan ter máis entrevistas tanto con él coma con outros xogadores, entrenadores deste deporte que tamen intentarán sortear un agasaio para os asistentes.

Así que dende o Bm Línea21 animamos a seguir asistindo a estas moi productivas «videoentrevistas». Estade atentos aos grupos e a páxinas sociais do clube, habrá máis momentos destos que nos axudaran a sobre pasar este confinamento e tamen compartir outros puntos de vista sobre este deporte.

Aupa Línea, sempre 21!!!

Gracias a empresa de transporte TIPSA pudose entregar a camiseta en Sta Comba ao gañador do sorteo, noso xogador infantil Segundo.

Dibujos 2020

Pincha AQUI para ver todos los dibujos.

Pincha AQUI para ver el video.

Partidos 08 de Marzo

Sábado día 7 marzo o noso equipo senior, BM Línea21 Arcoponte, recibía ao Bm Xallas Fc. Non choviu como chovía na pasada tempada, as arbitraxes desta tempada dan sobramente o nivel e estamos por fin disfrutando deste deporte. O encontro comenzaba ben para os nosos que nun momento dado, comenzaron a subir unha defensa individual nas primeiras líneas que souberon  sobrepasar con movementos rápidos. O marcador estuvo sempre do noso lado e a ventaxa de dez goles  facía que o noso adestrador puxera a xogar varios xuvenís para que foran collendo confianza.

Toca seguir loitando para quedar na parte alta da clasificación e soñar cuns resultados positivos de cara ao final da tempada donde sólo dependerá de nós mesmos poder conseguir algo bonito para o clube. As matemáticas e o tempo falarán, pero sobre todo os nosos gladiadores xunto coa afición podrán aportar alegrías. Esperemos que este parón por COVID-19 non nos deixe tocados e seguiremos remando cara a plaza soñada.

36-23 para os patrocinados por Arcoponte.

O domingo día 8 as nosas xuvenís, BM Línea21 StaComba esperaban ó BM Galicia Social no pabellón de Santa Comba donde lles esperaba certificar a victoria anterior contra as súas antigas compañeiras. A primera metade estuvo moi igualada para os dous equipos que finalizaron os 30 minutos nun 13-13 pero na segunda parte as nosas Ríolineas desmarcábanse no marcador grazas as velocidades de pases e as paradas continuas da nosa gardameta puntal que cada día e cada encontro nos fai crecer máis. Segunda victoria contra os equipos do grupo 2 que ao parecer estuvo moito máis floxo que o noso grupo 1 da primeira volta. A experiencia de xogar todos os encontros contra equipos moi rodados na división de honor fixo que as nosas xogadoras sigan loitando cada vez máis para demostrar que xuntas se pode mover montañas. Todo esforzo ten o seu premio.

Forza Bm Linea21 e aúpa Riolineas 32-24 para as patrocinadas por Comercial Rodríguez.

Partidos 01 de Marzo

Larga viaxe para os senior BM Línea21 Arcoponte que visitaba Moaña con un horario moi xusto que digamos. O equipo local xogaba coas súas bazas en poñer un horario dificultoso para que poideramos estar con todos os efectivos desde un principio pero a garra dos nosos Ríoliños facía que na primeira metade do encontro o marcador estivera ao noso favor con unha diferencia de 5 goles. Un tempo morro pedido tácticamente por parte do noso adestrador momentáneo facía oxixenar ao equipo ata que poideron chegar os reforzos na segunda metade. Os do Moaña non sabían a Nosa estratexia pero nun momento nos puxemos ata 7 goles por riba. Despois o Moaña reaccionaron para casi casi chegar a empatar pero o noso novo xogador roubaba un pase en defensa e producía un gol de contraataque que deixaba moi tocados aos  locales. Definitivamente podemos remar contra corriente para levar os dous puntos que por leí nos pertenecían.

Horas antes as nosas xuvenÍs de Santa Comba xogaban coas que foran as súas compañeras de equipo. Ás nosas xalleiras que orgullosamente souberon enfrontarse ao BM Xallas FC poideron revivir o sonido dos bombos que anos atrás defendían as súas cores pero que neste caso estaban a intentar todo o contrario. Partido moi igualado donde só nos poidemos liberar das embestidas das xogadoras de  verdes na recta final do encontro. 23-28 para o BM Linea21  Santa Comba. Os bos momentos están para  ser vividos.ç

!!!Sempre é mellor eso que unhas simples fotos ou imaxes audiovisuales. A próxima vez vinde a vernos e que non volo conten.

Aupa línea que todavía falta o mellor!!!

Partidos 22 de Febrero

O día 22, o equipo senior BM Línea21 Arcoponte se medía o todopoderoso BM Caballal. Non se iba a xogar coas mesmas armas visto ás baixas que estamos tendo. Houbo momentos de moita igualdade, quen se escapaba de tres goles no marcador, despois sufría a remontada ata poñernos empatados durante varias etapas do encontro.

O cambio defensivo, na segunda parte, do adestrador do Carballal facía que poideramos marcar un cantos goliños máis, pero neste encontro tuvo un gran progreso o noso garda meta, que volvía a lucirse en varias ocacións coas súas paradas. Cousa que finalmente axudou moito aos nosos ataquantes para poder llevar eses dous puntos moi merecidos grazas a veteranía dos nosos xogadores e coa irreprochable actuación do noso arquiero que paraba o imparable. Volvemos a estar na zona alta/media da clasificación e eso nos dará posiblemente unha estabilidad de cara os seguintes partidos.

Aupa Riolineas !!!