QUERO XOGAR AO BALONMAN NO L21 2023/2024

Se tes menos de 18 anos cubre este formulario QUERO XOGAR NO L21

Se tes 18 anos ou mais cubre este QUERO XOGAR NO L21

Se queres xogar nas actividades extraescolares do teu colexio, Busca nesta web a pestaña ANPA, cubre o formularío do teu colexio.

PARA CALQUER DUBIDA MANDANOS UN WhatsApp 613049121

SORTEO RIFAS

O sorteo das rifas feito o día 12/01/2024 cunha tarxeta regalo do corte ingles

Publicado el video del sorteo el 17/01/2024

O número que saíu é o * 4117 *

CRÓNICAS PARTIDOS 13-14/4


SENIOR

U.B.Lavadores de Vigo B 35-28 Bm Linea 21 Lignum Plus.Chegou a primeira derrota do ano, un desplazamento que afrontamos con 7 baixas para o encontro e viaxabamos sin porteiro.Lavadores muy superior todo o encontro,chegamos a poñernos 23-22 pero ahí novamente erros de lanzamento e perdas de balon fixeron que nos metesen un parcial e acabar coa derrota por 7 tantos.


INFANTIL ORO

BM Culleredo Nosolomadera 28 – BM linea21 TRANSGALO 33
Última xornada da liga regular pos infantís de liga Ouro ante os nosos veciños de Culleredo. Un encontro con pouco en xogo, ainda así os rapaces tiñan a espiña de non haber conseguido a victoria ata o día de oxe. Como ben di o refrán a terceira foi a vencida.
Oxe os rapaces fixeron un gran encontro, no que todos aportaron e sumaron tanto en ataque coma na defensa, foi unha Victoria de EQUIPO. Deste encontro destacamos a Iago que está facer un bo fin de tempada e a Xurxo que oxe foi o director de orquestra do equipo. Parabéns a todos!!
En 15 días disputaremos a F4, competición con 1 plaza en xogo po Campeonato de España, outra oportunidade máis para que os nosos rapaces sumen novas experiencias.

INFANTIL PLATA
Bm Linea 21 Academia Pluralia 41 – Balonman Narón 17.
Último partido desta 2 fase no que os nosos infantís se mostraron superiores durante todo o encontro, o que os permite finalizar nun meritorio segundo posto.


ALEVÍN 7
Os nosos nenos enfrentáronse en alevín 7 ao Liceo onde o encontro estivo marcado por unha grande intensidade por parte de ambos equipos manténdose moi igualados, inda así os nosos conseguiron alzarse ca victoria.

ALEVÍN 5
Bm Linea 21 Auto Pallas
O noso equipo alevín 5 enfrontábase ao primeiro clasificado, o Liceo. A pesares de loitar todolos cuartos e estar preto do empate en algún foi imposible deter o equipo rival, toca seguir mellorando.

ALEVÍN 5
Ceip Bm Linea 21
As nosas guerreiras por fin conseguiron o ansiado triunfo, un ano de moito aprendizaxe e a melloría de todas fixeron que se acadara a victoria frente o Brigantium,completando un partido moi bo, con roubos de balóns e moitos goles.Noraboa polo traballo día a día.

CRÓNICAS PARTIDOS 6-7/4

SENIOR

Encontro decisivo frente o Liron Bm Moaña que en caso de acadar a victoria conseguiamos o ascenso directo. E así foi 37-18, agradecer o Liron Bm Moaña que en todo momento demostrou empatia pola situacion, facendo o pasillo os nosos Alevíns campeóns en Andebolmania, o lanzamento de penaltis no descanso dos mais pequenos con agasallos por parte de @artiodrink e o final quedando a celebración.
Sobran as palabras, no encontro xa nos sentiamos ganadores vendo esas casi 400 persoas que había na grada animando, a ilusión en cada cara pola victoria, a celebración dos pequenos do club abrazando os xogadores e que nadie se perdeu toda a festa de despois. Simplemente gracias a toda a afición porque este ascenso lograstelo vos demostrando unha vez mais o gran club que somos, a familia que formastes e a ilusión dos nenos que sempre queren ir a animar (e as nais e pais sin opción jaja) da gusto xogar partidos así e en nome de todo o equipo novamente GRACIAS POR FACER ESTE ANO TAN BONITO.❤️❤️


CADETE


Bm Linea 21 Reformas Coruña 41-33 Bm Rodeiro Faro. Ultimo encontro desta 2ª liga para os postos finais.Na que se gañaron todos os partidos. Acabouse facendo moi vos partidos e acabando con boas sensacións. Partido que supéron controlar todo o tempo e mantendo a calma nos momentos que se acercaron no marcador e finalizar con victoria.

INFANTIL ORO

BM linea21 TRANSGALO 29 -Liberia Dalvi Lalín 31
Derrota dos nosos Infantís nos últimos minutos de partido.
A pesares do incerto comezo do encontro, donde nos puxemos 4 abaixo, os cambios de xogadores fixo que o equipo sacará a mellor cara. Dende ese intre o resto do encontro foi igualado, ata chegar ós últimos minutos , do que e o equipo do Deza mantivo o pulso firme e levou os 2 puntos e a clasificación asegurada po campeonato de España.
Temos que destacar o bó encontro de Iago e Nuno dous dos menos abituáis que levaron o peso do encontro durante moitos minutos.
Asimesmo felicitamos o BM Lalín pola súa clasificación

INFANTIL PLATA


Balonmán Porriño 47 – Bm Linea21 Academia Pluralia 42.
Na mañá do domingo os nosos infantís de liga prata visitaban Porriño co obxetivo de seguir coa boa dinámica de resultados das anteriores semanas. Encontro no que os ataques se impuxeron as defensas e onde os nosos infantís de primeiro ano non foron capaces de encontrarse cómodos no 40×20 durante todo o encontro.
Destacar o gran partido de Manu moi determinante en todas as facetas do xogo que permitiu que o partido estivese igualado ata os instantes finales.

BENXAMIN

Bm Linea21 A2lc servicio
Os nosos pequenos xogaron contra o primeiro clasificado, encontro que sabiamos que ia ser complicado, empezamos os primeros cuartos xogando cos mais pequeños e nos dous últimos xogaron os mais maiores do equipo logrando así un empate no terceiro cuarto, toca entrenar para prepararnos para o seguinte a encontro


ALEVIN 7


Os alevin 7 enfrontábanse a un Abegondo sempre complicado e, efectivamente, os primeiros dous cuartos fixeron que os nosos rapaces se viñeran un pouco abaixo, pero despois de eles darse conta dos erros e arranxar eses erros defensivos conseguiron que o terceiro cuarto fose con unha diferenza mínima e empatar o ultimo cuarto.


ALEVIN 5


Ceip Bm Linea 21
Enfrontábanse as nosas guerreiras ao Arteixo. Empezaron o partido poñéndose por diante no marcador, pero a boa defensa do Arteixo e algúns fallos nosos tanto na defensa como nos pases, fixo imposible acadar a victoria. Seguiremos traballando para seguir mellorando!

ALEVÍN 5


-Bm Linea 21 Autos Pallas
Os nosos rapaces enfrontábanse ás rapazas do Arteixo que, a pesar de ganar o primeiro cuarto, non nos deixaron estar cómodos en ningún momento do encontro decantando os seguintes tres cuartos para elas.

CAMPEÓNS 2ª AUTONÓMICA
2023/24

O equipo Linea21 Lignum Plus proclámase campión da 2ª Autonómica Masculina; polo tanto acada a praza de ascenso directo a 1ª Autonómica para a tempada 24/25.

O cadro coruñés venceu no día de hoxe ao Liron Bm Moaña por un contundente 37-18, provocando a ledicia no Pavillón de Novo Mesoiro.