EQUIPO BENXAMÍN 26 MARZO

Esta fin de semana o noso equipo benxamín desprazouse a Lugo para xogar os seus partidos contra o Culleredo e contra o Lucense. Ambos finalizaron con victoria para os nosos por 12-4, cunha gran actuación de todo o equipo con moitos goles, paradas e unha defensa moi ben traballada. Con isto, os nosos continúan líderes na liga, asegurando a súa presenza no play-off que se desputará a finales de maio. A falta dunha xornada para rematar a competición debutou Mateo, a máis recente incorporación ao equipo.
Por outra banda o equipo prebenxamín xogou un partido amistoso contra o Liceo no pavillón de Novo Mesoiro.

#linea21 #somosl21 #novomesoiro

EQUIPO BENXAMÍN 19 MARZO

O pasado sábado tivemos unha xornada de torneo na nosa casa na categoria benxamín.
Durante toda a mañá, o equipo mantívose moi activo nas tarefas de ataque e defensa, que nos axudaron a gañar todos os cuartos, agás un no que o Galitrans de Pontedeume aproveitou a nosa floxeira para remontar.
E para rematar a xornada, tuvemos un encontro amistoso co equipo Culleredo de prebenxamins, no que os rapaces disfrutaron moito da xornada.

#linea21 #somosl21 #novomesoiro

EQUIPO SENIOR (26-27 FEBREIRO)

Os senior esta fin de semana tiveron unha dobre xornada.

O sábado caeu derrotado ante o Sanxenxo, despois dun mal inicio o equipo foi quen de ir rematando ata chegar a empatar a falta de 6 minutos para o final. Nese intre unha dobre exclusión dos nosos fixo que o Sanxenxo nos marcara un parcial de 4-0 o cal xa foi imposible de restar.

O domingo ante o Luceros a imaxe do equipo foi outra diferente. Marcou dende o principio o ritmo, facendo una gran defensa apoiada por unha excelente actuación de Jorge na portería.
As rendas foron de 5-7 goles durante todo o encontro, ata que a falta de 10 minutos a precipitación, as dudas e a falta de crer no resultado deu ás ò Luceros que recortou 6 goles chegando a empatar o partido a falta de 2 minutos. O partido quedou nunhas táboas finais.

#linea21 #somosl21 #novomesoiro