CAMPEÓNS 2ª AUTONÓMICA
2023/24

O equipo Linea21 Lignum Plus proclámase campión da 2ª Autonómica Masculina; polo tanto acada a praza de ascenso directo a 1ª Autonómica para a tempada 24/25.

O cadro coruñés venceu no día de hoxe ao Liron Bm Moaña por un contundente 37-18, provocando a ledicia no Pavillón de Novo Mesoiro.

CRÓNICAS 23-24/3

SENIOR
Partido clave contra Sanxenxo no que se consigueu a victoria e eso fai que si gañamos a Moaña este sábado 6 de abril conseguiríamos o ascenso directo. Encontro moi igualado todo o tempo que ninguen conseguia romper o marcador e chegar o final do partido gañando de 1 con un lanzamento de falta directo que non meteu o sanxenxo e nos deu a victoria 32-33.Agora a pensar no Moaña e dalo todo para lograr o obxetivo do ascenso.


CADETE
BM linea21 reformas Coruña 45 Hierros Miguel Seis do Nadal 38.
Victoria dos cadetes nun dos mellores encontros de la tempada. Souperon luchar durante todo o encontro e competir duramente por estos 2 puntos


INFANTIL ORO
Garaysa Xiria 40- BM linea21 TRANSGALO 39.
Derrota dos nosos Infantís ouro na casa do Xiria, partiamos ca baixa importante de Darío en portería e a pesar da boa actuación de Gaby en portería o equipo non sentía a comodidade habitual o ter a Darío.
En 15 días recibimos o BM Lalín na casa.
Infantil prata:
BM linea21 Academia pluralia 33 Divino Rei Ribeiro 25.
Encontro moi completo dos nosos infantiles, que a pesar de non irse rápido no marcador por desaxustes defensivos, foron quen de compoñerse e lograr facer una sólida defensa

ALEVÍN 7
Difícil partido dos nenos na categoría alevín 7 contra o Bm Culleredo Ascor Consulting onde os nosos non conseguiron a victoria. A pesar dos intentos dos nosos xogadores o encontro foi liderado polos contrarios en todo momento, iso xunto cos nosos erros na defensa fixo imposible gañar algún dos catro cuartos.

CRÓNICAS 16-17/3



SENIOR

Victoria frente ao Xallas, nun encontro no que estiveron todo o tempo axustados no marcador a pesar do inicio 7-1 que tivemos a favor. Sumamos dous puntos que tras a derrota de Sanxenxo e os enfrentamentos directos contra Sanxenxo e Moaña (os perseguidores)se conseguimos esas victorias xa lograríamos o noso obxetivo, unhas semanas claves as que nos esperan.

CADETES

Saida ante un Luceros, un partido moi igualado, a pesar do bo inicio antepoñéndonos ás correccións, fixeron que se igualara o descanso. Toda a 2ª parte foi a mesma dinámica nos distanciamos e recortaban tras varios erros nosos. O final ganando de 1 supemos finalizar o encontro no ataque e metendo gol que nos daba a victoria por 37-39.


INFANTIL OURO

BM Linea21 Transgalo 27- Disalmo BM Cangas 38. Na tarde do sábado os infantís de liga ouro enfrontáronse ao Campión Galego deste ano. Antes do comezo do encontro os nosos rapaces fixeron o pasillo de honra. O encontro xa se intuía complexo a priori, e así foi dende o comezo. As precipitacións os nervos facían que o equipo cangués se demostrar superior. As distancias no marcador sempre foron altas 8-22 o descanso, anda así os nosos rapaces sacaron o mellor deles na segunda parte e logaron recortar o marcador e acabar nun 27-38. Destacaremos a grandísima actuación de Darío en portería o cal foi o artífice de que o resultado non fóra máis abultado

ALEVÍN 7

Partido dos nosos nenos contra o Maquisaba Xiria onde os nosos conseguiron a victoria. O encontro iniciou cos nosos xogadores saindo cunha gran intensidade tanto no ataque coma na defensa conseguindo gañar os dous primeiros cuartos. O terceiro foi más complicado debido á forza ca que sairon os contrarios, aínda así os nosos nenos gañaron o cuarto. No último a falta de intensidade defensiva e ofensiva propiciaron que os contrarios conseguirán ganar o cuarto sen moitas dificultades.

ALEVÍN 5

O sábado, o noso equipo enfrontábase ao OAR, un partido moi complicado no que os adversarios levaron a voz cantante durante todo o encontro. A pesar da súa rapidez e da súa forza defensiva, que lles levou a quedarse cos catro cuartos, os nosos rapaces deron a cara como eles saben, non deixando indiferente a ninguen.


ALEVÍN 5

Encontro complicado contra Liceo, un gran equipo que na primeira volta non conseguimos facer un bo partido, en cambio esta fin de semana conseguiron plantarlle cara en todos os cuartos a pesar de perder moi contento co traballo realizado e o esforzo e coraxe demostrado. Un pasiño máis.

BENXAMÍN

Partido importante para os nosos benxamins que se enfrontaban contra o liceo, situado un posto enriba noso. Comezamos o partido con erros na defensa o que fixo que nos empatanse, mais souberon solucionalos e poder ganar dous cuartos cunha boa diferencia de goles. Cabe destacar a melloría dos máis pequenos xa que este mesmo equipo nos gañara todos os cuartos a vez pasada.