Sábado, 11 oct. 12:30 h
Juvenil Masculino – Liga Ouro – Fase Principal (P.M. Gustavo Rodríguez)


Sábado, 11 oct. 12:30 h
Juvenil Masculino – Liga Ouro – Fase Principal (P.M. Gustavo Rodríguez)


Crónica Xuvenil masculino Liga Ouro.
Martínez & De Castro Balonmán Tui 32-25 Bm Linea 21 A2CI Celululosas.
O partido non comezaba ben e os xogadores do Tui aproveitaron cada erro en ataque dos nosos para anotar en contraataque. Despois de dous tempos mortos na primeira para intentar minimizar as perdas e axustar aspectos ofensivos, os nosos asentaron no campo. Foi na segunda parte cando puidemos aproximarnos no marcador e poñernos a 5 goles de distancia. A partires de ahí, o equipo non deixou de loitar. Aínda así, non foron quen de traer os dous puntos á Coruña.
Este equipo ten moito por diante e seguirá loitando e aprendendo en cada partido!
Sábado, 11 oct. 13:00 h
Cadete Masculino – Liga Prata – Primera Fase – Grupo E (P.M. Novo Mesoiro)


Sábado, 11 oct. 13:00 h
Cadete Masculino – Liga Prata – Primera Fase – Grupo E (P.M. Novo Mesoiro)


Bm Línea 21 Auto Escola Copaco 37 – Telepizza Arteixo 25
Arrincou a liga Cadete Prata coa mellor das sensacións para o Bm Línea 21 Auto Escola Copaco, que estreou a tempada cunha sólida vitoria ante o Telepizza Arteixo.
O encontro, disputado en Novo Mesoiro, comezou cun equipo local cheo de nervios polo debut da tempada 25/26, especialmente para varios xogadores que vivían a súa primeira experiencia defendendo as cores do Línea 21.
A medida que avanzaban os minutos, o equipo foi collendo ritmo e confianza grazas ao gran traballo defensivo e á excelente actuación de Antonio baixo paus, que permitiron manter o control do marcador durante todo o partido. En ataque, as boas combinacións e definicións precisas fixeron que o encontro se volvese cómodo e que todos os xogadores puideran dispoñer de moitos minutos e gozar do debut ligueiro.
Primeira vitoria da tempada e dous puntos importantes que serven para comezar con ilusión un novo curso cheo de aprendizaxe e crecemento.
Sábado, 11 oct. 20:00 h
Senior Masculino – 1ª Autonómica – Liga Regular – Grupo Único (P.M. Novo Mesoiro)


Sábado, 11 oct. 20:00 h
Senior Masculino – 1ª Autonómica – Liga Regular – Grupo Único (P.M. Novo Mesoiro)


Bm Línea 21 Lignum Plas 36 – Ferlovi Carballal 26
Terceiro encontro consecutivo e terceira vitoria para o Bm Línea 21 Lignum Plas, que continúa coa súa boa dinámica tras impoñerse con claridade ao filial do Carballal nun partido disputado no pavillón de Novo Mesoiro.
Os locais sumaron dous puntos moi importantes na casa, nun duelo no que amosaron a súa mellor versión ofensiva. Aínda que na primeira metade os erros defensivos impediron abrir antes fenda no marcador, o equipo soubo manter a calma e, apoiado nun ataque fluído e eficaz, acabou dominando con autoridade o segundo tempo.
Esta nova vitoria confirma o bo momento de forma do conxunto, que pouco a pouco vai collendo confianza e identidade de xogo.
Agora, o equipo afrontará dúas saídas complexas, nas que loitará por seguir sumando e manter a liña ascendente que está a consolidar nas últimas xornadas.
Domingo, 12 oct. 11:30 h
Infantil Masculino – Liga Ouro – Fase Principal (P. M. De Almeiras)


Domingo, 12 oct. 11:30 h
Infantil Masculino – Liga Ouro – Fase Principal (P. M. De Almeiras)


Crónica Infantil masculino Liga Oiro.
Bm Culleredo Ares y Fuertes 50 – 33 Bm Línea 21 Restaurante Cho.
Primeiro encontro da liga para os nosos infantís de ouro onde os nervios e a falta de intensidade propiciaron que os nosos veciños de Culleredo, que sí saíron co seu obxetivo claro, aproveitaran cada erro e despiste para anotar. Sabedores de que a liga é longa, seguiremos traballando para ser máis fortes. Un equipo con moito por diante.
Isto só acaba de comezar. Ánimo rapaces!
Domingo, 12 oct. 13:00 h
Cadete Masculino – Liga Ouro – Fase Principal (P. M. De Almeiras)


Domingo, 12 oct. 13:00 h
Cadete Masculino – Liga Ouro – Fase Principal (P. M. De Almeiras)


Bm Culleredo DESPREOCÚPATE.ES 52 – Bm Línea 21 Reformas Coruña 33
O Bm Línea 21 Reformas Coruña iniciaba este domingo a súa andaina na liga Cadete Ouro, cunha esixente saída á pista dos veciños do Bm Culleredo, un dos conxuntos máis fortes da competición.
A pesar das baixas significativas coas que contaba o equipo, os rapaces de Línea 21 amosaron unha excelente versión ofensiva durante a primeira metade, na que chegaron a anotar 22 goles, competindo de ti a ti ante un rival de gran nivel.
Na segunda parte, o cansazo e unha serie de erros acumulados foron aproveitados polo Culleredo para abrir distancia no marcador. Nese tramo final, o corpo técnico deu entrada a todos os xogadores , que sumaron minutos moi valiosos para a súa progresión e experiencia competitiva.
O resultado final deixa os dous puntos para Culleredo, mentres o Línea 21 saca conclusións positivas e unha semana máis de traballo por diante para seguir mellorando e consolidando o seu xogo.






