CAMPEÓNS 2ª AUTONÓMICA
2023/24

O equipo Linea21 Lignum Plus proclámase campión da 2ª Autonómica Masculina; polo tanto acada a praza de ascenso directo a 1ª Autonómica para a tempada 24/25.

O cadro coruñés venceu no día de hoxe ao Liron Bm Moaña por un contundente 37-18, provocando a ledicia no Pavillón de Novo Mesoiro.

CONVOCATORIA

Estamos moi orgullosos de anunciarvos que o noso xogador do BmLínea 21 Transgalo Derek Ortiz Delgado está convocado para as próximas xornadas de tecnificación da xeración 2009-2010 da R.F.E.B.M no centro de alto rendemento en Sierra Nevada-Granada, do 19 o 26 de Febreiro da man de Jordi Ribera, seleccionador nacional absoluto e Director Técnico da Área.

CESA 2024

Derek Ortiz, integrante do noso equipo infantil de liga ouro, representará a Galicia no próximo Campionato de España de seleccións autonómicas que se disputará do 2 ao 7 de Xaneiro en Cataluña ❕

Dende toda a familia do BMLínea21 lle desexamos a maior das sortes tanto a el coma ao resto de convocados galegos.