Partidos 09 de Febrero

Festa do balonmán este sábado en Novo Mesoiro.
As nosas xogadoras do Bm Linea21 se enfrentaban nun partido amistoso aos alevins que xa viñan de xogar en Culleredo e viñan ganando os 4 cuartos do seu respectivo partido.
As nosas guerreiras viñan algo nerviosas dado a falta de competición nesta categoría pero demostraron que non se dan por vencidas tan rápidamente. Loitaron ata o final para que no marcador poidera reflexar a mínima diferencia de goles posible.
Este equipo irá competir proximamente na copa con equipos do seu nivel e esperemos que se motiven a seguir prácticando este deporte.
Resultado final, 15-20 a favor dos alevins.
Aupa chicas 21 !!!

Os infantís masculino recibían ao todo poderoso BM Arteixo que a pesar de seres primeiros na clasificatoria viñan a Mesoiro con todas as precaucións posible dado que varios cambios de sistemas defensivos e ofensivos da nosa parte facía que dudaron, en algún momento do encontro de poderse levar os 2 puntos e así seguir invictos neste campeonato.
Íbamos ao descanso con un marcador 11-16 para os Arteixáns, na segunda metade arriesgamos a xogar un balonmán moderno con porteiro xogador que facía que o entrenador do equipo rival se viu na obligación de pedir 2 tempos mortos seguidos para regular unha defensa 6-0 (defensa cerrada).
Pouco a pouco nosos gladiadores se viñan desesperando visto que o potencial de envergadura dos xogadores do Bm Arteixo, cousa que aproveitaron para salir en contras en finalizar en gol sacandonos unha diferencia de 12 goles no marcador.
Final (20-32)

Os senior viaxaban a Tuí con moitisimas baixas, tanto por traballo como por lesión.
Sólo 2 cambios tiñamos para medir as nosas forzas ante o Bm Tuí que viña moi armado en todos os postos.
Na primeira metade do encontro os nosos xogadores se puxeron a 1 gol dos anfitrións,  pero a falta de experiencia e a falta de cambios facía que os do Tuí se impuñan en todo momento aos nosos ataques que conseguíamos con tiros desde o exterior, dende extremo e ata en 6 metros.
As pérdidas de balóns en varios pases pagaban factura físicamente e psicoloxicamente dado que o Tuí salía as contras en cada momento posible, víase que querían agrandar a diferenza de goles o máximo posible pero o noso grada meta facía todo o posible para frenar está distancia no marcador.
Conta recalcar que o esforzo foi inmenso e que en todos os minutos estivemos presionando a defensa rival aínda que en varias ocasións tiñamos pouco acertos de cara gol.
Sin sufrimiento non se pode consiguir grandes azañas.
Meu avó decía que con boa ferramenta calquera traballa, e conseguir facer avións con maceta e zincel e unha valentía.
Final do encontro 34-25.
Queda moito camiño por andar e si non se recarga a mochila en cada momento posible  vai ser imposible acabar a viaxe.
Aupa Línea 21 aunque perda !!!

Moito ánimo ao noso lateral dereito que operaron ésta semana e estará de baixa uns cuantos meses.
Moito ánimo Angel R.