Partidos 2 y 3 de Febrero

Este venres o BM Linea21 Infantil xogaron na casa co Bm Lucus o partido aplazado de decembro.
O partido empezaba con un dominio dos lucenses que con unha defensa 6-0 nos impedía concluír ben os nosos ataques durante varios minutos da primeira metade do encontro.
Despois de varios cambios de postos dos nosos gladiadores,o apoio da grada coas nosas infantiles femeninas ao frente, o equipo empezou a finalizar positivamente os seus lanzamentos, aí se viñeron arriba empatando o partido no último segundo da primeira metade,  grazas a un lanzamento de portería a portería de parte do noso porteiro,  un lanzamento que botou xusto en fronte do arqueiro rival e entra a gol dentro do tempo reglamentario e sube ao marcador. (14-14)

Na segunda parte do encontro estes chicos se alonxaban cada vez máis no marcador, pero un cambio defensivo (3-3) de parte dos rivais facían que os nosos xogadores se precipitaban demasiado para querer sentenciar o partido, pero esta «arma» a doble fío facía que se perderan varios balóns e que os do Bm Lucus se aproximaran cada vez máis ao distanzamento de 4 goles para os anfitrións. O partido rematou con un tiro dende fóra dos contrarios, que pudo aportarlles o empate, pero Dani supo responder atrapando o balón con seguridade e así llevarnos os 2 puntos moi merecidos grazas sobre todo a que @s siareir@s nos deron un empuxe moi importante (29-28)
Grazas papás/mamás e sobre todo as nosas futuras competidoras que cada día nos fan ver que este é o camiño.
Aupa chicas 21 !!!

O BM Linea21 senior desplazabase a Carballal para intentar recuperar puntos perdidos recentemente contra varios equipos anteriores e así poder seguir presionando a zona superior da clasificación.
Teño que recalcar que ultimamente estamos a sufrir decisións arbitrales, que fan pensar que o noso clube está sentenciado a xogar contra 8, cousa que se non me engaño, solo pode haber 7 xogadores de campo como máximo no equipo contrario.
(videos para analizar)
A prestación dos nosos xogadores foi de apreciar, pero cada vez que nos aproximabamos ao marcador contrario, decisións raras sucedían a favor do equipo rival ou en contra nosa. Reflexionemos!!!
O reglamento de balonmán é o mesmo en Pontevedra que en Coruña, Lugo ou Ourense. Non podemos xogar co esforzo de moita xente e buscar resultados por ser de un color ou de outro.
Primeros 30 minutos (??-??)
Final do partido  (27-22).
5 goles anulados sin saber o motivo, robos de balóns as máns aos nosos xogadores, «zancadillas» aos nosos extremos e empuxóns no aire aos nosos primeiras lineas que fan pensar que este deporte está collendo unha cor diferente da linea que se quere ir.
Tod@s somos balonmán e tod@s dedicamos moitas horas para que este deporte crezca en todo Galiza.
Non despreciemos o tempo invertido de directivos, siareir@s, técnicos, oficiales etc con decisións estrañas.
Dende aquí mandamos un saúdo, máis moito ánimo a Angel R. que desgraciadamente terá que ser intervido dunha operación no codo ezquerdo ao longo desta semana debido a unha caída despois dun moi arriesgado movemento defensivo de parte dun xogador rival.
Noraboa pola vitoria ao Carballal e sobre todo ós nosos Liñeiros 21 pola moi boa prestación neste partido aínda que non nos lleváramos os 2 puntos pero sí gañamos noutros aspectos.
Forza Lineaaaaaa 21