Partidos 12 y 13 de Enero

Iniciamos o ano con moito balonman!!
O sábado desplazamonos a Arteixo, onde os alevins comezaban ben o primeiro cuarto do partido, con gran movemento diagonal e desmarques no ataque; posteriormente un paron xeral fixo que perderamos o segundo cuarto, merecidamente gañado polos nosos veciños de Culleredo. A partir de aí o equipo comezou a xogar de acordo co que se adestra e se debe facer, conseguindo mellorar e gañar os cuartos restantes. Resultados: 9/4, 8/10, 10/9 e 13/9.
No mesmo instante xogaban os Benxamins blancos, equipo composto por prebenxamins e benxamins de primeiro ano,  coma sempre fixeron un bo xogo gañando por méritos propios todos os tempos contra o Culleredo Paxairiñas. Continuaremos adestrando e evoluindo! Resultados: 10/4, 7/6, 12/9 e 8/1.
Para rematar a mañan xogaron os Benxamins azuis, equipo composto por benxamins de segundo ano e prebenxamins, un equipo que inicia moi ben o ano con unha canteira que de seguro vai a dar moi bos froitos.

Os nosos infantiles madrugaban para visitar a capital Galega para xogar co Bm Ribadosar. Foi un encontro moi disputado por parte dos 2 equipos. Uns con unha defensa moi dura e outros coas bases que podíamos optar por mor das baixas de varios xogadores.
No descanso fomos para os vestíarios con empate de 10-10.
Gran parte do tempo da primera metade estivo os de Ribadosar  por diante no marcador pero na segunda soubemos levar o partido o noso favor ata a falta de concentración en ataque e en defensa.
Os anfitrións a falta de   5 minutos estiveron a piques de levar o partido, pero un cambio positivo nun lanzamento de 7m na nosa portería fixo que podíamos pensar na victoria.
Final do partido en ta blas con un moi merecido 23-23.
Conta recalcar unha arbitraxe moi xoven pero moi prometedora.
Noraboa!!!

Enlace a los Partidos  Infantiles          Benjamines  BM Línea21 Azul      BM Línea21 Blanco