Partidos 08 de Diciembre

Este finde o BM Línea21 dou un paso importante nesta primeira volta gañando ao BM Chapela que viña a Mesoiro con un equipo moi reforzado.
O partido transcurría con alta intensidade defensiva de parte dos dous equipos, eso facía que o marcador non se dispersada máis que por 3 goles tantos para un equipo como para outro.
Pero os nosos xogadores souberon responder con acertos de lanzamentos a portería contraria, aínda que o porteiro rival non no lo poñia nada fácil.
A actitude dos nosos laterais, os pases aos nosos extremos e paradas do noso porteiro facía que na recta final o marcador estaba ao noso favor por varios momentos.
Unha pequena complicación estando en superioridade numérica facía que tiñamos que retomar conciencia pedindo un tempo morto, e iso nos dou un plus para poder quedarnos cos 2 puntos que nos sitúan ao menos durante unha semana no terceiro posto deste campeonato que será moi complicado para calquer equipo que queira acabar esta tempada  nos postos  privilexiados de cara ó ascenso.
Gran partido de todos en xeral e unha grada que cada día nos suma un xogador máis na pista.
Aupa Línea 21 !!!
Vinde e disfrutade vendo os nosos partidos do club no pabellón do Novo Mesoiro todolos sábados posibles.
A unión fai a forza

Enlaces a los videos : Senior